Conto viaxeiro-
Na semana previa á celebración do magosto fixemos unha creación colectiva dun conto de temática propia desta celebración, coas pautas de creación desenvolvemento e final do mesmo, na que participaron todos os nenos/as de infantil e primaria, rotando por todas as aulas e que se deu lectura colectiva unha vez finalizado.
En cartel- “Bruxa que estás no Penedo”-
Neste tempo de maxia , achegouse a primeira peza teatral coa participación practicamente da totalidade de mestras “Bruxa que estás no penedo” e representada para todo o centro na semana de celebración do Samaín.
Paseo pedagóxico polo Samaín-
Esta actividade pretendeu achegar o Samaín a todos os nenos/as do centro nunha xuntanza conxunta na que os maiores de 5º e 6º investigaron sobre a orixe, tradición, influencias do Hallowen, e a modo de relatorio achegáronnos información sobre o mesmo. Nesta actividade participaron os de 5º e 6º como relatores e de 1º a 4º como asistentes ó relatorio.
Tratocontos-
Nesta actividade os titores e especialistas cambiamos de aula e grupo para ler ás outras aulas. Esta actividade levouse a cabo con todos os cursos durante unha semana e na hora de ler que ten establecida o centro.
A viaxe das cabazas-
Inspirada na temática do fío condutor do proxecto de centro “ Turismo sustentable” as familias, alumnado e profesorado fixemos unha exposición de cabazas no centro, como se ven desenvolvendo ao longo dos anos sendo esta unha actividade que goza de tradición no centro.
Pintando o demo-
A arte e o medo ensamblan a proposta de arte que coa participación de todos cooperativamente recreamos a través do xogo de palabras no dito “ pintando o demo” a saber “ facendo trasnadas”. Así as cores, collage, texturas,… deron forma a un mural de construción colectiva de todo o centro.
II Carreira de San Martiño-
Este é o noso segundo ano celebrando esta actividade que tanta ilusión crea no centro. Baseándonos na tradición galega da Carreira do San Martiño, realizámola na escola ao igual que o ano pasado, Cada clase deseñou o seu dorsal en galego e participa das actividades previas de preparación, deseño, aportación de ideas, aspectos curriculares relacionados e fixemos circuítos por categorías de idades. Este ano repartíronse medallas a cada participante , e dicir, a todo o alumnado de infantil e primaria. Nela participaron tamén o profesorado. Despois o magosto coa degustación compartida (alumnado, profesorado, familias) das castañas.
Samaín musical-
A música non ten límites na nosa lingua. Este ano polo Samaín apostouse por facer un recompilatorio de cancións galegas que cantaban ao Samaín. Así versionaron e instrumentalizaron os cursos de infantil e primaria cinco cancións en galego relativas ao Samaín.
Na mochila dos Dereitos-
O 20 de novembro os nenos/as da clase de 4º de primaria compartimos con aulas de todos os centros da localidade de Tomiñounha xornada de Pleno sobre Os Dereitos da Infancia, en colaboración co concello de Tomiño(organizador) e Unicef. Na actividade os participantes de cada centro expoñían o seu traballo sobre o dereito traballado. No noso caso o dereito á familia. Para iso traballouse sobre a presentación, a recompilación de información, o tratamento e a creación dun vídeopara divulgación e recurso de presentación, que pode verse no blog de dinamización de lingua no centro. Esta actividade tamén tivo difusión nas redes sociais coma facebook e twiter a través do concello. A actividade desenvolveuse integramente en galego.
Enlaces: https://youtu.be/OpUkmm2Qlpohttp://falamosbarrantes.blogspot.com.es/
Excursión ao Parlamento galego, Museo do Pobo Galego, e Museo de Historia Natural-
No proxecto que este ano nos ocupa, non podiamos deixar de lado coñecer parte do noso, turismo Galego de museos, e por iso decidimos facer ruta a Santiago con todos os nenos/as de primaria para que coñeceran o Parlamento Galego como institución do poder lexislativo ( 3º, 4º, 5º e 6º), o Museo do Pobo galego ( 1º e 2º) e todos xuntos o Museo de Historia Natural pola tarde.
Esta web se reserva el derecho de suprimir, por cualquier razón y sin previo aviso, cualquier contenido generado en los espacios de participación en caso de que los mensajes incluyan insultos, mensajes racistas, sexistas... Tampoco se permitirán los ataques personales ni los comentarios que insistan en boicotear la labor informativa de la web, ni todos aquellos mensajes no relacionados con la noticia que se esté comentando. De no respetarse estas mínimas normas de participación este medio se verá obligado a prescindir de este foro, lamentándolo sinceramente por todos cuantos intervienen y hacen en todo momento un uso absolutamente cívico y respetuoso de la libertad de expresión.
No hay opiniones. Sé el primero en escribir.