2º TRIMESTRE 2016.17
FALAMOS
FALAMOS 
icono de búsqueda de contenidos

2º TRIMESTRE 2016.17

As actividades que levamos a cabo neste trimestre foron as que se indican.

17 jun 2017

 Por Siria! – Día da Paz-

Iniciamos este trimestre co “Alén Barrantes…Por Siria” cunhas xornadas por Siria durante o mes de xaneiro, na que se pretendía facer chegar a situación do pobo Sirio a toda a comunidade escolar e tamén, a través da difusión nos medios de comunicación social como rede e prensa, a todos os demais receptores. Temas coma: análise dos medios, da situación, contextualización xeográfica, música… cantando a canción Siria coas nosas voces e acompañamento, e a arte a través dun mural de collage feito cooperativamente e a reciclaxe con botellas de plástico para facer flores e en cada unha delas unha palabra para a frase de petición que fixemos no Día da Paz, tal como se pode ver no blog de normalización do centro “Falamos?” no enlace:

http://falamosbarrantes.blogspot.com.es/

e no xornal La Voz de Galicia, suplemento “ La Voz de la escuela”  no enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2017/02/01/span-langgl30-xaneiro-xornada-pola-paz-non-violenciaspan/00031485802336880960275.htm

Chega Rosalía!-

Este ano, como todos os anteriores, celebramos o Día de Rosalía e unímonos á proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) coa  proposta de caracterización de Rosalía de Castro cunha máscara e a lectura de verso, poema cos seus maiores para o día 17 de febreiro. Sacaron unha foto compartindo o momento da lectura do verso cos seus maiores, e compartirémola en rede a través da AELG. Nesta actividade participou todo o centro dende infantil a primaria, mestres e familias.

https://www.youtube.com/watch?v=LoF7j5vWJQE

Entroido

O turismo sostible ábrese con forza en Tomiño, para poñer en valor “ o noso” e para iso traballamos estes aspectos a través de proxectos nas aulas correspondentes ao disfraz que leven e haberá unha posta en común dos mesmos: os pilares económicos da zona ( a uva ,viño, o kiwi, a planta ornamental) para as aulas de infantil; a danza de Estás e as treboadas para 1º e 2º, o patrimonio arqueolóxico con unha das  estacións rupestres máis importante de Galicia por conter o petróglifo de círculos concéntricos máis grande a nivel europeo situado no Monte Tetón para 3º e 4º e o patrimonio artístico poñendo de relevancia os artistas desta zona de Galicia que destaca por ter grandes escultores e artistas de talla internacional para 5º e 6º.

A construción do Meco coa temática do centro de interese, as coplas, as ordes, a divulgación dos “entroidos de Galicia”, a gastronomía con doces típicos, a música coa percusión das “Treboadas de Tomiño”, o roteiro do entroido que se levou a cabo fora do centro escolar, e a súa difusión na nube, ocuparon este tempo de festa coas familias, e toda a nosa comunidade escolar.

https://www.youtube.com/watch?v=CZgoPXnvOn0

 

I Certame de literatura e Ilustración en lingua galega

Iniciamos no 2º trimestre e chegou ao 3º, unha andaina pola literatura galega para achegar distintos xéneros aos nosos cativos/as, especialmente a prosa e a poesía. Así convocamos o 1º Certame de Literatura e Ilustración en lingua galega en prosa e verso, coas bases nas que participarán os nenos/as dende 1º a 6º en dúas categorías:

·       Botasde 4º a 6º

·       Botínsde 1º a 3º

 

Na categoría de Ilustración participaron os nenos e nenas de Ed. Infantil.

 

Tivemos un xurado moi especial porque contamos co director do IEM tamén  representante da sección de Literatura do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM- www.iem.gal) que seleccionou os premiados para o certame de Literatura.

Dos 94 alumnos/as do centro se presentaron un  total de 61 obras. Delas 33 optaron ao premio de Literatura e 36 ao premio de ilustración poética.  O acto de entrega  tivo lugar coa lectura das 5 obras premiadas e coa explicación das tres obras de ilustración premiadas e coa asistencia de todo o centro.

 

Viaxando do pasado aos nosos días: Lendas e mitos de tradición oral-

Da actividade inicial prevista polo equipo de recollida de información sobre lendas da zona, fíxose unha busca de informadores e enviouse nota ás familias, pero nesta temática non atopamos moitos informadores e o escaso tempo tampouco permitiu investigar afondo e facer esta recollida.

Para dar a coñecer este patrimonio aos nosos cativos e cativas  fíxose unha selección das  rexistradas no libro “ Mitos e lendas de Tomiño”  e foron divulgadas polos nenos e nenas no Turonia de primaria !º a 4º, que se fixo o día 14 de xuño.

Viaxando do pasado aos nosos días:  O noso…Terras de Tomiño-

 

Este proxecto iniciouse este ano e empregaremos un ano máis posto que o tempo para traballalo non foi suficiente.

Da parte do traballo rexistrado este ano fíxose a primeira parte en obra ilustrada e con escrito inspirador da obra, na ollada dos nenos e nenas.

 

Portugal…de viaxe coas palabras!-

 

Neste enlazado anterior está engadido o proxecto presentado ao noso país veciño (Portugal). Solicitamos unha colaboración con unha agrupación escolar de Vilanova de Cerveira para comezar este ano un proxecto que ten viabilidade e perspectiva de futuro nos anos vindeiros a través do cal será a cultura a que viaxe en distintos soportes: dossier, libro, portfolio, escolmas poéticas,… Este ano a proposta foi de elaboración dun dossier de intercambio dun escritor (Carlos Casares) por outro que eles quixeran compartir con nós. Da entrevista realizada co centro decidiuse que o ano que vén realizaremos ese intercambio.

Temas relacionados:

Opiniones de este contenido

Esta web se reserva el derecho de suprimir, por cualquier razón y sin previo aviso, cualquier contenido generado en los espacios de participación en caso de que los mensajes incluyan insultos, mensajes racistas, sexistas... Tampoco se permitirán los ataques personales ni los comentarios que insistan en boicotear la labor informativa de la web, ni todos aquellos mensajes no relacionados con la noticia que se esté comentando. De no respetarse estas mínimas normas de participación este medio se verá obligado a prescindir de este foro, lamentándolo sinceramente por todos cuantos intervienen y hacen en todo momento un uso absolutamente cívico y respetuoso de la libertad de expresión.




 No hay opiniones. Sé el primero en escribir.


Escribe tu comentario
* Datos requeridos
Título *
Contenido *
Tu nombre *
Tu email *
Tu sitio web
 
Te recomendamos...
ColMexTul News
https://press.parentesys.com/45387/
Noches de jardín
https://www.revistanochesdejardin.com/
HIPATIA Asociación Intercultural
https://www.viahipatia.es/
Noticias La Hontanilla
https://press.parentesys.com/19930/
ECOVANGUARDIA
https://press.parentesys.com/3745/