Vertebrar este ano o proxecto na razón do fío condutor que nos inspira, supón un ir e vir da palabra, da súa forma, da súa da razón de ser, da necesidade de ser dita, lida, agasallada, espallada,... “Un país de palabras”, obra de Carlos Casares inspira a escrita, os costumes, e o ensaio narrativo,...as nosas historias contadas, vividas e imaxinadas.
O Ano Internacional do Turismo Sustentable acolle precisamente esta proposta a través da viaxe da lingua, de aquí acolá, de ir e vir, de levar e traer, de dar e recibir, de ser escoitada e falada...coa convicción de que coñecer e facer abre camiños, destinos novos.
Achegar o mundo a través da fala, do seu sentir fai que sintamos a necesidade da palabra na situación actual do mundo, que chega ata nós nesa viaxe que ten que volver en manifestos e verbas de lingua.
A necesidade de traspasar fronteiras para facer ver e sentir a nosa lingua, a nosa cultura, o gozo do propio...a nós.
Nós, que aquí habitamos dende séculos, espallados tamén polo mundo, e acollendo aos outros “ Nós” que veñen de lonxe.
As nosas tradicións e as nosas cousas que tecen o noso propio, onde os mitos e lendas toman entidade, e “o noso” espállase.
As conmemoracións e a transversalidade que fan medrar o achegamento á nosa cultura.
Sirva isto para comprender a forma a carón dunha viaxe, o deleite do propio entre a viveza e o divagar do tempo, mantendo viva e con forza a nosa cultura e a través dela o valor das outras atopadas nesta viaxe.
Viaxe de partida na arte, patrimonio, alicerces económicos, música, danza, gastronomía,... viaxe de chegada a través de outras culturas, de outros pobos
Esta web se reserva el derecho de suprimir, por cualquier razón y sin previo aviso, cualquier contenido generado en los espacios de participación en caso de que los mensajes incluyan insultos, mensajes racistas, sexistas... Tampoco se permitirán los ataques personales ni los comentarios que insistan en boicotear la labor informativa de la web, ni todos aquellos mensajes no relacionados con la noticia que se esté comentando. De no respetarse estas mínimas normas de participación este medio se verá obligado a prescindir de este foro, lamentándolo sinceramente por todos cuantos intervienen y hacen en todo momento un uso absolutamente cívico y respetuoso de la libertad de expresión.
No hay opiniones. Sé el primero en escribir.