ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE
FALAMOS
FALAMOS 
icono de búsqueda de contenidos

ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE

As actividades levadas a cabo neste trimestre foron as que seguen.

17 jun 2017

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS:

 

Esta é unha Semana Grande por excelencia, de celebración e gozo da nosa lingua en diferentes contextos. Este ano Carlos Casares encheu este espazo achegándonos á súa homenaxe. A participación conxunta de toda a comunidade escolar subliñando nela ademais das familias as propostas do concello para a súa celebración, formarán xunto coas seguintes propostas un tempo e espazo de cultura:

 

Tralos pasos de Carlos Casares-

A viaxe no tempo dende a súa infancia ata a súa morte. A vida, o papel intelectual, o home, a obra,…

Curtametraxe sobre Carlos Casares-

Elaboración dunha curtametraxe sobre o realizado nas Letras en torno á figura do homenaxeado.

https://www.youtube.com/watch?v=fRmBimifIO0

Tertulias literarias-

Os xoves literarios chegaron coa obra de Carlos Casares en lecturas públicas; esta actividade cultural e educativa pretendeu achegar ademais do coñecemento da obra, o gozo da lectura e o estímulo para a participación na que o grupo se enriqueza coas impresións e achegas dos outros a través do diálogo. Así:

1º e 2º- A Galiña azul

3º e 4º- Toribio

5º e 6º- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

3 e 5 anos- Lolo anda en bicicleta.

 

Roteiro de teatro: “Unha aventura en palabras”-

Froito das propostas anteriores sairá un grupo de teatro que en distintos espazos do centro achegará distintas temáticas e aspectos do homenaxeado en representacións de tempos curtos.

 

Musical Letras Galegas-

A tradición musical da zona de Tomiño (Treboadas e danza de Estás) iniciada no entroido seguiu na procura da tradición musical galega.  A especialista de música compuxo unha peza musical para o poema de Carlos Casares  “ Sempre é cedo” que cantaron todo primaria e serviu de base para a curtametraxe.

 

Exposición artística e literaria da obra de Carlos Casares-

Este ano a proposta colectiva artística xirou en torno ao “mural” (imaxe en soporte parede, pedra- muro), onde se executaron as primeiras manifestacións artísticas da prehistoria, polo que empregaremos esta proposta para achegar de xeito visual a Carlos Casares. O mural coa temática das súas obras foi pintado coa participación de todo o cole.

 

Visita ao Museo de Pontevedra-

Neste percorrido polo noso turismo Galego de museos e seguindo coas pautas iniciadas no inicio de curso abordamos agora a visita ao Museo de Pontevedra neste trimestre para achegar aos cativos/as distinto documental gráfico e visual.

 

Exposición artística Terras de Tomiño-

Esta exposición recolle no centro a mostra artística que elaborou o alumnado para a ilustración do libro de Tomiño e que se expón no centro xunto tamén e as fotos de lugares de Tomiño sacadas polas familias coa súa descrición.

Viaxando do pasado aos nosos días:  Turonia-

Esta actividade goza de moita tradición tanto na escola coma nos outros catro centros de ensino de Tomiño participantes e é a que pon remate final ao curso escolar. Desenvólvese dous días cos maiores de 5º e 6º e os cinco centros da zona pernoctando fóra e con moitas actividades culturais. Este ano o fío condutor foi “ Turismo sostible de Tomiño” relacionado coas temáticas do Monte Tetón ( petróglifos, museo ao aire libre), a montaña, os garranos, os cabalos, Veraleza (empresa de produción e distribución de flor de Tomiño, Figueiró e as piraguas de Goián.  Nela o patrimonio, a historia, a natureza, o deporte e os xogos, a convivencia, a nosa cultura é difundida e vivenciada polos nenos e nenas poñendo en valor o seu.

Tamén fíxose un percorrido similar pero máis curto co alumnado de 1º a 4º coa mesma temática e incidindo nas lendas de Tomiño, dende os Muíños do Porto ata Barrantes.

E os de infantil este ano co mesmo fío visitaron o Muíño de Barrantes coa galiña Marcelina, curmán da Galiña Azul de Carlos Casares.

As actividades mencionadas tiveron difusión a través do noso blog Falamos e das páxinas creadas con códigos QR para a difusión das actividades.

 

Xornal escolar dixital-

    Publicación da revista escolar dixital “Lúa Nova” da escola, a modo de resumo anual e co obxectivo de divulgar dixitalmente e dar a coñecer unha parte importante da vida do centro durante o presente curso escolar. Realizarase para ter dispoñible a final de curso.

Temas relacionados:

Opiniones de este contenido

Esta web se reserva el derecho de suprimir, por cualquier razón y sin previo aviso, cualquier contenido generado en los espacios de participación en caso de que los mensajes incluyan insultos, mensajes racistas, sexistas... Tampoco se permitirán los ataques personales ni los comentarios que insistan en boicotear la labor informativa de la web, ni todos aquellos mensajes no relacionados con la noticia que se esté comentando. De no respetarse estas mínimas normas de participación este medio se verá obligado a prescindir de este foro, lamentándolo sinceramente por todos cuantos intervienen y hacen en todo momento un uso absolutamente cívico y respetuoso de la libertad de expresión.




 No hay opiniones. Sé el primero en escribir.


Escribe tu comentario
* Datos requeridos
Título *
Contenido *
Tu nombre *
Tu email *
Tu sitio web
 
Te recomendamos...
parentesys
https://www.parentesys.es/
TODO SOBRE RUNNING
https://press.parentesys.com/839/
DISCERE
https://press.parentesys.com/6628/
EL ATENEO
https://press.parentesys.com/30397/
Conócete a tí mismo
https://press.parentesys.com/802/